Ana Jato

A presente páxina ten só fins educativos e en todo momento se tenta nomear os autores das imaxes, recursos... Máis se algún destes está suxeito a dereitos de autor, por favor comúniquenolo ao seguinte correo: anajatorodriguez@yahoo.es e será eliminada deste blog. Grazas

sábado, 19 de outubro de 2013

DIARIO DUN VERME DE SEDA

Coa chegada dos vermes da seda á nosa escola naceu un proxecto de investigación sobre a vida destes seres que abarcou algo máis dous meses na nosa aula. Foi moi fermoso e emotivo para tod@s e este foi o resultado daquelo que fomos aprendendo.
Dende aquí queremos agradecer o esforzo realizado polas persoas que colaboraron proporcionándonos as follas de moreira tan difíciles de atopar nesta época na nosa zona.



Este conto foi elaborado a partir dun material compartido por o CEP S. José de Calasanz de Valencia.

CON SABOR A MONTE

Este conto corresponde a unha versión nova, feita polas nenas e nenos de infantil do cole do Incio, do "Conto con sabor a mar" de Miriam Urdi.


venres, 18 de outubro de 2013

DADOS DE CORES

Este foi o noso último obradoiro de cociña por este ano, rematamos o curso coa chegada do verán e uns dados de cores deliciosos.
 

MACEDONIA COLORADA

Coa chegada da primavera puxémonos mans á obra con este novo obradoiro de cociña.


A CASETA DO PATIO

Naceu este proxecto na aula de infantil como un obradoiro de reciclaxe e foi logo converténdose en todo un reto que abarcou a todo o alumnado do colexio durante dous trimestres.


martes, 15 de outubro de 2013